O PP de Ribeira reclama arranxar unha vía en mal estado en Olveira

25 Setembro 2024

O Partido Popular de Ribeira, a través da concelleira Carmen Pérez Gómez, presentou ao pleno da Corporación un rogo relativo ao estado no que se atopa parte do viario da parroquia de Olveira. Segundo explica na proposta, “hai uns meses acometéronse as obras de pavimentación e instalación de saneamento no lugar de Sirves, en concreto na estrada que une o rueiro de Abaixo coa estrada que vai dende a Igrexa de Bretal a Sirves, a través do Plan de obras e servizos, o POS+2022”; engádese que “para a realización de ditas obras foi necesario apear e transitar a maquinaria por unha estrada paralela, o que incrementou o deterioro da vía, ocasionando que acotío os usuarios desta estrada teñan que sufrir a incomodidade e demais efectos sobre os seus vehículos, ou ben teñan que ir sorteando as fochancas e pozas de auga se van a pé”.

A concelleira engade que “o mal estado da vía, dándose en ambos extremos da mesma, fai que resulte imposíbel evitar o paso polas zonas danadas coa incomodidade que iso implica para os usuarios e veciños da contorna”.

Por estes motivos, o PP reclama o seguinte:

-“Que se leve a cabo a pavimentación da vía afectada reforzando os marxes da mesma e as zonas de intersección coas vías principais”.

-“Que se valore a pavimentación completa da zona na que se realizaron as obras de saneamento xa que o tapado único da gabia de obra, implica que o estado da estrada presente desniveis e deterioro nas zonas nas que estivo traballando a maquinaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.