Os populares solicitaron formalmente que se informase sobre a situación do estudo alternativo e que se traballase para impulsar a variante de Ribeira, un proxecto que, segundo argumentan, foi aprobado por unanimidade e é vital para o futuro do municipio.

En febreiro de 2020, a Consellería de Infraestruturas, liderada por Ethel Vázquez, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, anunciaron a construción da Variante de Ribeira, un trazado de 3,1 km que suporía unha inversión de máis de 9 millóns de euros. Esta obra foi presentada como unha “demanda histórica” que melloraría significativamente a mobilidade do municipio, reducindo os tempos de desplazamento nun 50% e facilitando a humanización do centro urbano.
Aínda que a proposta contaba con rigorosos estudos técnicos que respaldaban a elección do trazado, a oposición, encabezada polo BNG e o PBBI, manifestou o seu desacordo. Os críticos solicitaban un estudo alternativo e cuestionaban a viabilidade da obra, que, segundo eles, non tería en conta os intereses dos veciños.
En xullo de 2023, o novo goberno tripartito, liderado polo BNG, prometeu realizar un estudo alternativo e pedir a paralización dos seguintes tramos. Sen embargo, a un ano de asumir o cargo, a veciñanza aínda non ten noticias sobre este estudo e a situación da variante permanece sen avances. Recentemente, membros do goberno tripartito admitiron que o estudo existe, pero non se han feito públicas as súas conclusións, xerando preocupación entre os veciños e críticas da oposición.
O Grupo Municipal do Partido Popular instou ao goberno a manifestar a súa vontade de avanzar co proxecto e solicitar unha reunión coas autoridades autonómicas. A súa postura é que a variante será crucial para aliviar o tráfico e beneficiar tanto aos veciños do centro como aos das parroquias. A Asociación de Empresarios tamén manifestou o seu apoio, resaltando a importancia estratéxica da obra.
Os populares solicitaron formalmente que se informa sobre a situación do estudo alternativo e que se traballe para impulsar a variante de Ribeira, un proxecto que, segundo argumentan, foi aprobado por unanimidade e é vital para o futuro do municipio.
Os populares piden que o Alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, dea contas da situación do estudo alternativo
anunciado fai máis de un ano e que membros do seu goberno recoñecen que non quere sacar á luz.



