O PP de Ribeira esixe máis esforzo do Goberno local en mantemento e limpeza de infraestruturas e equipamento

20 Setembro 2024
Varanda rota no paseo de Coroso

O PP de Ribeira, a través do concelleiro Manuel Emilio Pérez Outeiral, presentou ao pleno da Corporación Municipal unha proposición relativa ao estado no que se atopan diversas infraestruturas do municipio, unha situación que (sinalan) é “mellorábel” e que (engaden) é “froito de quince meses de incumprimento de proxectos de infraestruturas indispensábeis para o futuro de Ribeira como a variante, o novo centro de saúde ou a planta de transferencia e outras que se supoñían en marcha como a biblioteca, o club de remo ou o polígono industrial e que parece que tampouco verán a luz esta lexislatura; outras directamente esquecidas como a ampliación de Romero Ortiz ou a curva da Muiñeira e ademais obras que se deixaron contratadas e rematadas nun 90% como a parada de bus ou o centro social de Carreira non se dan acabado”, sinalan no comunicado.

Nel indícase tamén que “as poucas obras que verán a luz débense ao esforzo do noso goberno, como a xestión para a construción dunha residencia de maiores, a transformación da AC-305 ao seu paso por Palmeira ou a pista cuberta de atletismo por poñer algúns exemplos”.

Os populares tamén son críticos co mantemento diario, e cualifican de “deficiente” o traballo de limpeza. Tamén din que a brigada municipal está a facer o traballo que debe ser esixido á concesionaria limpando bordos e beirarrúas cheas de maleza, que as rozas son “insuficientes” e que “non se contratou ningún reforzo como se facía outros anos mesmo coa contratación da empresa de mantementos para pequenas necesidades”.

En canto ao ámbito da seguridade viaria, os populares tamén son críticos, xa que din que “non se aproveitou o bo tempo do verán para pintar tan sequera os pasos de peóns máis conflitivos, a maioría de aparcamentos, stops e demais sinalización viaria que debe atoparse nunha visibilidade óptima”. O mesmo, engaden, acontece coas reparacións das fochancas.

Estes son en definitiva os puntos da proposta:

1- Que o Goberno municipal, a través de medios propios ou contratacións externas, pinte e realice convenientemente toda a sinalización viaria, a lo menos, de xeito anual.

2- A posta en marcha de mecanismos ou brigadas coas que se aseguren a realización todos os anos de un mínimo de tres rozas da maleza nos lugares de competencia do Concello en todas as parroquias.

3- Esixir de todas as concesionarias do Concello de Ribeira o cumprimento das súas ofertas e contratos asinados.

4- Presentar un plan de mantemento especial dos lugares de interese municipal como o Parque de San Roque, a Pedra da Ra ou os paseos fluviais.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...