O PBBI reclama a Portos que mellore as instalacións portuarias do municipio de Ribeira e a habilitación de novos peiraos flotantes

20 Setembro 2024
Vista do porto de Santa Uxía de Ribeira

O Partido Barbanza Independente (PBBI) de Ribeira presentou ao pleno da Corporación unha moción relativa ás moitas melloras que, segundo a agrupación, precisan os portos do concello. Na proposta fan saber que “todos sabemos da importancia do sector marítimo pesqueiro en Ribeira, pola actividade comercial e laboral que xera o seu arredor e que supón un movemento económico que crea riqueza no noso municipio”. Porén, din “recollendo demandas dos cinco portos do concello, o de Aguiño, Castiñeiras, Corrubedo, Palmeira e Ribeira, nos que exerce competencias Portos de Galicia, “son precisas actuacións e se impulsen melloras nas instalacións e ampliacións das infraestruturas que temos actualmente”.

Explican que o estado de mantemento e conservación que presentan actualmente estes portos é “manifestamente mellorábel, polo que tomamos a iniciativa de trasladar ditas demandas de usuarios o órgano competente na materia”.

Deficiencias e demandas de actuacións Porto de Aguiño

–Falla de iluminación, ningún dos tres farois que actualmente hai detrás da lonxa funcionan e os postes de formigón que os soportan están moi deteriorados, polo que é preciso se proceda a

reposición das mesmas.

-Os armadores do cerco demandan que se pavimente a punta do peirao porque está cheo de fochancas, o que supón un atranco para o exercicio da actividade da descarga.

– É preciso o pintado da vía de acceso á rampla que está a carón do estaleiro a fin de facilitar a circulación dos vehículos que remolcan as lanchas.

– Continúa sin executarse a instalación do novo pantalán.

Deficiencias e melloras solicitadas Porto de Castiñeiras

– A rampla de carga e descarga é un auténtico perigo polas fendas e fochancas profundas que presenta, falla de mantemento en todo o porto.

Deficiencias e demandas de actuacións Porto de Corrubedo

-O reflector que iluminaba a rampla de descarga leva meses sin funcionar, o que supón un perigo cada vez que de noite os mariñeiros teñen que acceder ás súas embarcacións nesa zona. A reposición dese punto de luz debería restituírse o máis axiña posíbel.

-A varanda das escaleiras está rota pola corrosión do metal.

-Os aneis de amarre do peirao uns faltan e outros están moi deteriorados.

Deficiencias e demandas de actuacións no Porto de Palmeira

-Precísase o pintado do viario do Porto de Palmeira.

-Os mariñeiros a espera dos peiraos flotantes (pantaláns) que se anunciaron en campaña electoral.

-As varandas deste Porto precisan dunha man de pintura.

Deficiencias e demandas de actuacións   Porto de Ribeira

– Trasladar a actividade que se está a realizar polas redeiras a intemperie, na zona das Carolinas o edificio da antiga lonxa vella, o que suporía unha mellora moi considerábel das condicións de traballo das profesionais.

– Os arrastreiros e cerqueiros demandan que se drague a dársena do Porto de Ribeira.

– As escaleiras, os norais e os aneis algúns están deteriorados e outros faltan.

– Precísase iluminar a parte leste do edificio da antiga lonxa posto que a zona de paso entre o edificio e a lámina de auga carece por completo de iluminación o que supón un perigo.

Petición

-Solicitar de Portos de Galicia as actuacións necesarias para corrixir á deficiencias nos portos do municipio de Ribeira e a instalación de novos peiraos flotantes (pantaláns) de acordo coas necesidades devanditas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.