O Parque Vista Alegre centrará dúas accións de voluntariado ambiental do proxecto Renatur_Outes

18 Setembro 2024

Renatur_Outes, proxecto de recuperación ambiental do río Tins en Outes, programou dúas novas accións de voluntariado ambiental para a segunda quincena de setembro, centrándose desta volta no Parque Vista Alegre, punto no que o río desemboca na ría de Noia formando o esteiro do Tins, xa en Rede Natura 2000. As convocatorias, marcadas para o sábado 21 e domingo 29 deste mes en horario de mañá, está abertas a todos os públicos. Para participar apenas é necesario enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata o día previo a cada actuación.

Dende Renatur_Outes, indican que as accións teñen “o dobre obxectivo de eliminar as especies exóticas invasoras presentes neste espazo protexido e continuar coa eliminación de especies exóticas invasoras”. Arrincaranse manualmente exemplares de plantas invasoras como a tradescantia ou a crocosmia e descascaranse os exemplares de eucalipto, acacia e robinia para facilitar que sequen antes da corta e retirada destas árbores. Ademais, a intervención do domingo 29 encádrase na XVII Limpeza Simultánea de Ríos do Proxecto Ríos.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.