O Museo Valle-Inclán da Pobra incrementa os seus fondos e habilita unha nova sala de exposición

27 Setembro 2024

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acrecentou os seus fondos especializados para exhibir a veciñanza e visitantes grazas á ultima cesión efectuada polo investigador e neto do escritor, Xaquín de Valle-Inclán Alsina. Como consecuencia, o Concello da Pobra do Caramiñal avaliou as distintas opcións de ampliación da institución museística e, finalmente, optou por converter a edificación contemporánea anexa á Torre de Bermúdez, coñecida ata o momento como o auditorio, en sala de exposición e centro de investigación. Alí exporanse obxectos que pertenceron a Ramón del Valle-Inclán, así como parte da súa biblioteca, dando así cumprimento ao compromiso adquirido no pleno da Corporación. Ademais, reformulouse a coñecida como sala de Iconografía Contemporánea. A estrea oficial de todo isto farase coincidir coas XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

Segundo deron a coñecer a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, estas incorporacións e estas novidades motivaron unha serie de melloras: adquisición de mobiliario, restauración da madeira do chan do antigo auditorio e substitución da superficie da sala de Iconografía Contemporánea. Todo isto cun investimento que supera os 35.000 euros, con cargo ás arcas municipais. “Apostamos polo Museo, queremos que creza e que siga sendo de referencia en España”, en palabras da edil, polo que tamén se executarán outra serie de intervencións en futuras datas.

Polo que respecta ao auditorio, pasa a ocupar o andar superior da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí, con arredor de 60 butacas, ao que se engade un segundo espazo que se está acabando de ultimar no local da confraría de pescadores, onde tamén se habilitará unha aula de estudo. Isto supón a “creación dun eixo cultural” debido á proximidade das referidas instalacións culturais, manifestou Lojo.

Pola súa parte, o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, explicou que na sala de Iconografía Contemporánea amosarase toda a obra de arte plástica doada por Siro López, Domingo Regueira, Héitor Picallo, Xoán Fernández ou Manuel Ayaso, entre outros. “Vai ser un punto de referencia pola iconografía contemporánea a nivel galego, como mínimo”, fixo fincapé González. E, no que respecta á creación do centro de estudos valleinclanianos, incidiu en que “o Museo vai converterse nun centro de referencia nacional e internacional para os investigadores”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...