O Concello do Son e Xurdir presentan este venres o documental “O Son do Mar”

16 Setembro 2024

Este venres 20 de setembro temos unha cita co audiovisual en Porto do Son. En concreto, presentarase na Casa da Cultura o documental O Son do Mar, desenvolvida pola produtora compostelá Xurdir para promover, visualizar e reivindicar as mancheas de tesouros paisaxísticos, naturais, humanos, turísticos, patrimoniais e culturais de Porto do Son. A cita será ás 20.00 horas e contarase coa presenza do alcalde Luis Oujo e máis de Noelia Francisco, directora da área de Produción de Xurdir. A presentación estará aberta á cidadanía.

Xurdir, con base no Castiñeiriño (Santiago) está a producir unha serie de documentais que teñen como principal obxectivo por en valor a industria e a actividade económica que se realiza nos concellos da nosa terra. Xa ten demostrado o seu bo facer co noso territorio, por exemplo con Boiro, A Pobra, Ribeira e Rianxo, e agora agarda xerar novamente un impacto considerábel nas redes co seu audiovisual sobre Porto do Son.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.