O Concello de Ribeira reuniuse cos propietarios das parcelas da Pobra afectadas polo novo polígono industrial en busca dun acordo de adquisición amistoso

30 Setembro 2024

O Concello de Ribeira segue avanzando na procura de materializar a construción do futuro polígono industrial de Ribeira “Pedras Vermellas”.

Hoxe tivo lugar unha reunión cos propietarios das parcelas afectadas no término municipal da Pobra do Caramiñal, nela estivo presente a concelleira de Facenda Herminia Pouso, o presidente da asociación de empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, o asesor xurídico de Urbanismo, José Martínez de Llano, técnicos da Deputación máis os propietarios das parcelas.

O obxecto da reunión era ver sobre o terreo como ía a ser a afección de esas parcelas para intentar chegar a un acordo de adquisición amistoso para que o proxecto do polígono colla celeridade e se evite pasar á fase de expropiación por parte da Deputación das fincas afectadas.

Pouso salientou que “é necesario que teñamos todo adquirido para seguir dando pasos adiante no desenvolvemento de este polígono” e engadiu; “os particulares manifestaron a súa boa vontade de buscar unha solución para chegar a un punto de entendemento que propicie un acordo para seguir avanzando no proxecto de desenvolvemento do polígono industrial”.

O rexedor, Luís Pérez, indicou que ao afectar o novo polígono a terreos fóra do termo municipal de Ribeira os metros cadrados que corresponden co termo da Pobra, “debémolos comprar para poder executar a urbanización. Agradezo a boa vontade dos propietarios para poder adquirilos e seguir avanzando na realidade deste proxecto que permita dotar a Ribeira de chan industrial”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.