O Concello de Ribeira realiza tarefas de limpeza da rede de sumidoiros para previr inundacións durante a época de choivas

24 Setembro 2024

O Concello de Ribeira informa que ao longo das próximas semanas se desenvolverán os labores
de limpeza e mantemento do sistema de rede de sumidoiros do municipio. Estas accións teñen
como obxectivo garantir o correcto funcionamento das redes de recollida de augas pluviais
ante a chegada da tempada de choivas, minimizando así o risco de inundacións nas vías
públicas.


Segundo informa a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, as tarefas inclúen a
inspección, limpeza e desobstrución dos sumidoiros e arquetas, comezando polas áreas máis
propensas á acumulación de auga. Desta maneira, búscase asegurar que o sistema de drenaxe
estea en óptimas condicións para a época do outono e inverno.
O Concello de Ribeira fai un chamamento á cidadanía para que colabore activamente neste
plan de prevención. Se algunha veciña ou veciño detecta zonas que requiran unha limpeza ou
revisión de sumidoiros, solicítase que o comuniquen canto antes ao concello a través do
teléfono do Concello 981 83 54 17. A colaboración veciñal será fundamental para identificar
aqueles puntos que poidan pasar desapercibidos e asegurar un traballo completo. O goberno
municipal agradece de antemán a cooperación de toda a cidadanía nestes labores preventivos.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.