O Concello de Rianxo achega axudas ás familias para adquisición de material escolar, dispositivos e roupa deportiva

04 Setembro 2024

O Goberno rianxeiro aprobou a convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar, incluíndo nestes apoios dispositivos electrónicos e roupa deportiva, ou sexa material destinado ao alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio do municipio. A contía máxima das axudas será de 300€ para dispositivos electrónicos, 50€ para material escolar e 75€ para roupa deportiva.

“As familias poderán investir as axudas na compra de material necesario para o desenvolvemento da actividade do alumnado, de tal forma que poderán cubrir uns gastos de cara o vindeiro curso aos que non se fai fronte mediante ningún outro organismo público”, explicou o alcalde, Julián Bustelo.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...