O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a mellora da infraestrutura viaria no Parque de Empresarial Espiñeira

05 Setembro 2024

O Concello de Boiro informou da licitación por un importe de 74.780,17 euros das obras para a mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira, unha actuación que conta co financiamento da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia. O obxectivo é continuar optimizando a infraestrutura dunha vía secundaria da fase I do polígono dunha lonxitude de 680 metros. No ano 2023 comezouse coa mellora de parte da vía, unha actuación que se completa agora con esta nova actuación.

Tal e como se veu realizando, proxéctase a mellora da vía coa realización dun tramo de beirarrúa e pavimentación das beirarrúas existentes, que na actualidade se atopan sen pavimentar, facendo que estas sexan máis estreitas e menos seguras para as persoas usuarias do polígono.

O complexo empresarial boirense comezou a súa andaina no ano 1998 e na actualidade conta cunha superficie de máis de 300.000 metros cadrados e mais do 80% das parcelas ocupadas. “Debido ao tempo transcorrido dende a súa execución e ao alto nivel de ocupación as infraestruturas presentan necesidades de mellora”, informaron fontes do Concello, engadindo que as actuacións para optimizar a infraestrutura viaria atópanse en fase de licitación e todas as empresas interesadas pode presentar as súas ofertas ata o vindeiro 24 de setembro a través da Plataforma de Contratos do Sector Público.

Obras levadas a cabo en 2023

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.