O Concello de Boiro e a Cámara de Comercio de Santiago estreitan a súa colaboración

24 Setembro 2024


O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, mantivo un encontro coa presidenta e a secretaria xeral de Cámara de Comercio de Santiago, María Pais e Rosa Mary Cardeso, xuntanza na que tamén participou o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo. A sesión de traballo tivo como obxectivo estreitar lazos entre as dúas entidades para “levar a cabo colaboracións” e “estudar liñas de traballo conxuntas entre o Concello e a Cámara de aposta polo sector empresarial e o emprendemento”.

O alcalde amosou aos representantes da entidade cameral as instalacións do Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira e que contan con viveiro de empresas, unha zona de coworking, aulas de formación e tamén aulas taller.

“A Cámara de Comercio é un referente a nivel nacional que axuda a potenciar o crecemento económico das empresas. A gran aposta deste goberno é que Boiro sexa un referente na formación e o emprego por iso buscamos a colaboración con entidades que contribúan a este fin”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.