O Concello de Boiro celebra o Día da Bici o vindeiro domingo 6 de outubro

27 Setembro 2024

O Concello de Boiro celebra o vindeiro domingo 6 de outubro o Día da Bici 2024, co obxectivo de medio de transporte saudábel, limpo e tranquilo, e coa finalidade tamén de apostar pola mobilidade sustentábel e “pola convivencia e a diversión entre nenos e adultos”. As inscricións están xa abertas e poden facerse no departamento de Deportes de Boiro.

A actividade está promovida por La Voz de Galicia, conta co patrocinio de JEALSA e coa colaboración do Club Ciclista Barbanza, Daniel Ríos, Chicolino e Autos R. Outeiral.

O percorrido da proba é duns 14 quilómetros e terá saída ás 11.00 horas da praza de Galicia pola rúa Principal e avenida de Compostela ata a Agramuíña (Escarabote), onde se vai realizar o primeiro dos agrupamentos. Continuará por Barraña para tomar dirección Cabo de Cruz pola avenida de Barraña e o esteiro do río Coroño. En Cabo de Cruz farase un segundo reagrupamento e volverá a Boiro por Sestelo, o Seán, Exipto e a DP-1106 para chegar a Boiro e volver á praza de Galicia pola rúa peonil.

As inscricións están xa abertas e pode facerse ata o venres día 4 de outubro ás 12.00 horas no Departamento de Deportes do Concello de Boiro, situado na Casa da Cultura, ou no correo electrónico deportes@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...