
Como cada mes sae un novo número, da nosa publicación mensual “O Barbanza” correspondente o mes de setembro. Esta edición, a 65, está xa en distribución de balde en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos nos concellos da comarca, dedicando especial información das principais festas dos concellos, Santa Uxía, O Carme, O Nazareno e A Guadalupe.
Coma sempre o turismo, a cultura, a historia como as reportaxes sobre os “Cen anos da Confraría de Carreira e Aguiño” ou os “Cines da Pobra” e a actualidade local completan este número de “O Barbanza” de setembro o número 65 e que como é habitual, ten unha tirada de 7.000 exemplares , amais do seu formato físico pode descargarse en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.
Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 3.100 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día.
Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias



