Nova concentración (este sábado) de veciños de Escarabote para pedir que non se cambie o nome da “Carretera do Muelle”

24 Setembro 2024

Este sábado 28 de setembro está convocada en Escarabote unha concentración veciñal de rexeitamento ao proxecto municipal para mudar o nome da rúa do Muelle (Carretera do Muelle). A concentración será ás 12.00 horas na devandita rúa de Escarabote-Lampón. O obxectivo da mesma é pedir ao Concello que revoque o troco do nome da dita rúa.

A veciñanza que impulsa a mobilización di que o Goberno local “non atende” a súa petición de recuperar o nome de Carretera do Muelle na dita vía e rexeitan a decisión actual de chamarlle “Pai Joseba”. Lembran tamén que no pleno do pasado 21 marzo interviñeron no pleno da Corporación presentando medio milleiro de sinaturas para que se restableza o nome orixinal.

Defenden que “todos os topónimos teñen a súa orixe nas características de lugares e dos usos e costumes do pobo” e que “por tradición son os habitantes os que nomean os lugares onde habitan segundo os usos e as características físicas ou xeográficas dos lugares, e os organismos oficiais respéctano”.

E engaden: “Entendemos que o Goberno local con maioría absoluta acepte que se faga un recoñecemento ao Padre Joseba, pero rexeitamos que se impoña o cambio de nome da citada rúa”.

O Concello baseou a súa decisión no feito de que “Carretera del Muelle” é un nome coloquial que non é oficial nin un topónimo tradicional, simplemente un indicativo informal de lugar e de acceso, e que tampouco garante as normas básicas do galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.