Moncho Viña presentou no Son as súas historias do Deportivo contadas a golpe de micrófono: “Moito que contar”

19 Setembro 2024

Este 17 de setembro pola tarde celebrouse na Casa da Cultura de Porto do Son a presentación do libro Moito que contar. Dépor e radio: dúas paixóns e un cento de historias, escrito por Moncho Viña e publicado por Baía Edicións. A cita tivo un formato de espazo aberto de debate arredor do xornalismo deportivo e da literatura e no que o autor, xunto con Alfonso Hermida Mejuto e Henrique Rabuñal, ofreceu un cento de relatos para renovar lembranzas e para que as novas xeracións descubran os detalles dunha historia coma poucas: a que uniu durante décadas os logros do Deportivo da Coruña e o desenvolvemento da comunicación xornalística coruñesa e galega.

Sinopse

Moito que contar de Moncho Viña é un exercicio de xornalismo. A carón dos grandes nomes do deporte agroman tamén persoeiros e feitos menos visíbeis. A historia e a intrahistoria. Seguimos o Deportivo de onte, de hoxe e de sempre. As súas xestas nacionais e internacionais e as súas lendas: Amancio, Arsenio, Luís Suárez, Vicente, Fran, Djukic, Bebeto, Mauro Silva ou Djalminha. O foco ábrese para inserir historias do Celta ou do Compostela e doutros deportes como o baloncesto, o ciclismo ou o hóckey.

Sobre o traballo metódico e vivencial de Moncho Viña, un dos grandes xornalistas deportivos galegos, Moito que contar ábrese tamén ás achegas que realizaron Alfonso Hermida, Adrián Viña Menéndez e Henrique Rabuñal. O libro contén ademais un feixe de fotografías que inmortalizan tempos e lugares.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...