Martín Códax doa a Amicos o recadado no segundo concerto solidario da XI edición Os Xoves de Códax

18 Setembro 2024

Este mércores, 18 de setembro, a asociación inclusiva da nosa comarca Amicos visitou a sede das adegas Martín Códax, para acudir ao acto de entrega das doazóns da undécima edición de Os Xoves de Códax. Alí, a entidade do Barbanza recibiu un donativo por valor de 9.848,52 euros. O cheque recolle o recadado durante o segundo concerto deste ciclo de concertos solidarios que ten como obxectivo apoiar distintas causas sociais.

Por parte de Amicos, no acto de entrega estiveron presentes o amico Yassin El Aamry, usuario do Fogar Amicos, e Miguel Beiro, responsábel da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, Ambos recibiron a doazón de mans do presidente da adega cambadesa, Xoán Allegue, que destacou a importancia de colaborar con entidades que traballan pola inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas.

Durante o acto, Allegue agradeceu a forte acollida que tivo a iniciativa entre a sociedade, e incidiu en que “a colaboración é e será fundamental no noso día a día. É a filosofía de Bodegas Martín Códax, formada por familias, e é a mesma particularidade que nos une ás asociacións aquí presentes que traballan na igualdade de oportunidades para todas as persoas, para que ninguén quede atrás. Xuntos, cooperando, medramos máis e mellor”.

Pola súa banda, o representante de Amicos destacou que “dende a nosa asociación queremos expresar o noso agradecemento a Bodegas Martín Códax pola súa xenerosa aportación, froito da XI edición do seu ciclo musical Os Xoves de Códax. Este apoio será fundamental para seguir mellorando os servizos de atención e apoio que ofrecemos ás máis de 150 persoas que acoden diariamente ós nosos centros”.

Asemade, Miguel Beiro destacou que na entidade boirense “grazas a esta contribución, poderemos reforzar áreas clave como a atención directa e a formación para persoas con discapacidade intelectual, o que nos permitirá seguir brindando un servizo de calidade e mellorar a inclusión social dos que máis o necesitan. Apreciamos enormemente este xesto solidario, que nos impulsa a continuar traballando por una sociedade más inclusiva e sostíbel”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...