“Loita sen cuartel nas noites das televisións de España”. Antón Luaces

12 Setembro 2024

Tres son os nomes, tres os directores-presentadores (un xa vai polo mar abaixo coma troita de pé) e, curiosamente, dous os que se reparten o roscón nocturno da audiencia: Broncano e Motos. O que se baixa en marcha do tren de vía estreita polo que viña circulando con destino á maior groria de Tele 5: Carlos Latre.

Gañan  os nomes, perden os contidos, suman as calidades das ofertas?. Talvez gañan os espectadores?. Ou é que, contra a marea da mediocridade, navega a maior parte dunha audiencia cansa de programas que tardean sonsoleando agora da man de quen foi o gurú do salvamento sesteiro?. Está feita case que en exclusiva a televisión de España para axudar a durmir na sobremesa e a pos-cea, horas que se consideran sagradas a efectos de sumar ou restar audiencias e poñer prezo á publicidade que se emite, ou é que a que temos é a televisión que queremos, amáis de ser a que nos merecemos?.

Liquidado pola vía rápida da escasa audiencia, Carlos Latre  marcha de Tele 5 “porque ten que marchar”. O seu foi un intento de revivir vellos conceptos televisivos en base a un nome e un xeito de facer “tele” imitando voces coñecidas e poñendo o humor necesario en programas de concursos. Apostaron por el e na aposta perdeu Latre porque -é evidente- o seu non é presentar. Sabíase e o resultado non asombra a ninguén.

Na gaiola dos 360 graos quedan Pablo Motos e as súas formigas parlantes, e David Broncano e o seu autobombo consecuente da Resistencia anterior a La Revuelta, Fanse apostas para determinar cal dos dous -Motos ou Broncano- vai durar máis na grella televisiva tan necesitada de bós programas e tan sobrada de chabacanería absurda que ningún telespectador precisa dado o grao de mala televisión ofrecido nos últimos 20 ou 25 anos nas distintas canles ofertadas no espectro televisivo español.

Non vou reclamar que os demáis vexan o que un ve (que é pouco e sei que non perdo nada) pero sí quero dicir que moitos programas daquela vella etapa en branco e negro mantéñense moito máis na memoria do que o están a maioría dos programas que chegaron a nós en todo este tempo transcorrido dende entón. Pouco perdemos, polo tanto. O que me leva a pensar en que moitos cartos debe haber en España para que tan inútilmente se gaste en pólvora do Rei.

Prometo a miña ausencia, con ou sen bronca de motos, porque as noites están feitas para durmir e os corpos e as mentes xa aguantaron abondo.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.