Segundo recolle “Economía Dixital” as empresas da comunidade aglutinan case o 90% do volume do negocio conserveiro desta industria que en 2022 (últimos datos dispoñibles) facturou máis de 12.100 millóns de euros de acordo aos datos da patronal Anfaco-Cecopesca.
O sector teceu toda unha cadea de valor en Galicia e é o responsable de 11.200 postos de traballo directos con Jealsa, Frinsa e Nauterra (matriz de Calvo) como principais puntas de lanza. As dúas primeiras instálanse por encima dos 700 millóns de euros de cifra de negocio mentres que a terceira queda a un paso desta cota tras sacar brillo á súa marca.