Incendio dunha vivenda na rúa Castelao da Serra de Outes

29 Setembro 2024

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron o mediodía do 29 de setembro á extinción dun incendio nun quinto piso dun edificio de vivendas na Rúa Castelao da Serra de Outes. Os ocupantes tiveron que ser evacuados, e a violencia das chamas deixou moitos danos no edificio, incluídas varias vivendas inhabitables.

Incendio dunha vivenda na Rúa Castelao da Serra de Outes.

O lume comezou na campá extractora e propagouse moi rápido polo falso teito e o material illante.

Deste xeito, resultou afectada a teitume común do edificio, polo que debeuse informar a todos os propietarios do inmoble. Aínda con todo, ninguén necesitou asistencia médica.

Quen avisou ao 112 Galicia foron os mesmos ocupantes da vivenda, un ático situado na Rúa de Castelao, en Outes. Apenas uns minutos despois das dúas desta tarde, activáronse os recursos necesarios para facer fronte a este incendio, que avanzaba con moita velocidade polo falso teito e polo material illante da teitume común do edificio. Finalmente, arderon varias estancias do ático, como a cociña, o salón e a entrada. O fume tamén provocou danos en todo o espazo.

Ao lugar dos feitos acudiron os membros do GES de Noia, os Bombeiros de Boiro e os axentes da Policía Local de Outes e da Garda Civil. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.