Identificadas as candorcas que entraron na ría de Arousa

03 Setembro 2024

O Grupo de Traballo Orca Ibérica-GTOA identificou as catro candorcas que este luns 2 de agosto pola tarde entraron na ría de Arousa. As imaxes foron tomadas por Kari Korhonen a bordo do barco CHASULA durante un programa de observación de aves mariñas. 

Os exemplares identificados este ano son a avoa Toñi, que é a matriarca, o macho Pingu, as femias Gnomo e Gladis Estrela

Segundo explicou o grupo de traballo, “das catro, só GE é Gladis, é dicir, a única que pode tocar barcos, pero en compañía destas tres seguro que non actúa”.

As interaccións que se produciron nas inmediacións da ría de Arousa foron seguramente provocadas por outros exemplares dispersos pertencentes ao grupo, que aínda non foron identificados, engade o grupo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...