Un neno de sete anos atópase en estado grave tras caer do balcón dun cuarto piso na rúa República Arxentina, na zona do Ensanche, en Santiago de Compostela. O incidente ocorreu ao redor das 11:30 horas deste domingo.

O rapaz, de oito anos, caera dende o balcón dun cuarto andar por razóns aínda sen determinar. As forzas de seguridade, que investigan o sucedido, barallan como principal hipótese a caída accidental.
Varias persoas que pasaban pola rúa acudírono mentres non chegaba a ambulancia. Aseguraban que o rapaz estaba consciente, malia o forte golpe, e que se laiaba especialmente do ombreiro.
O persoal da ambulancia do 061 que o asistiu conseguiu estabilizalo e logo foi trasladado ao hospital clínico compostelán. Arestora está ingresado na unidade pediátrica de coidados intensivos.
Inmediatamente, os servizos sanitarios, xunto con axentes da Policía Nacional e Local, desprazáronse ao lugar do suceso. Tamén acudiron axentes da policía xudicial e científica para investigar o sucedido.



