Giovanni Peixoto e Inés Piñeiro levan os “Contos enmaletados” ao Centro Social de Escarabote (este xoves ás 20h)

23 Setembro 2024

O Centro Social de Escarabote vai dar acollida este xoves 26 de setembro á función Contos enmaletados. A cita será o xoves ás 20.00 horas e encádrase no programa de actividades para o fomento da lectura Ler Conta Moito. Trátase dunha función para todos os públicos con entrada de balde, a cargo de Giovanni Peixoto e Inés Piñeiro.

Contos enmaletados achegan ao público unha serie de personaxes concibidos de distintos materiais que interactuan cos espazos. A obra discorre entre diferentes técnicas como a de monicreques de luva, máscaras, obxectos e danza contemporánea. Os contos tratan temas actuais e importantes que queremos poñer en evidencia para crear unha conciencia, a inmigración, o crecemento persoal ou o valor da natureza.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.