Éxito da “VII edición de A Pobra do Caramiñal no Tempo” xornada de historia

29 Setembro 2024

Divulgar aspectos do pasado relacionados coa historia e o patrimonio do municipio é o obxectivo das xornadas A Pobra do Caramiñal non tempo, que comezaron na tarde do sábado. O arranque correu a cargo do profesor, escritor e historiador,Manuel Gago, organizador do ciclo, que estivo acompañado polo alcalde, José Carlos Vidal.

No acto anunciouse a adquisión polo concello do Castro A Croa de Postmarcos que pasa o patrimonio municipal pendente do seu estudio e excavación.

O arqueólogo Mario Ramos foi o primeiro en intervir. Desvelou os resultados preliminares que se conseguiron obter tras as escavacións realizadas na Corte do Santo, en Posmarcos. Os traballos serviron, segundo explicou, para «reforzar a idea de que ou lugar tinga unha natureza relixiosa e funcionaba como eremitorio ou oratorio». Engadiu que se calcula que foi abandonado no século XIII. Durante o seu relatorio, tamén se referiu a outros xacementos de Barbanza que permiten coñecer como era a vida na Idade Media, como o Castelo de San Mamede de Lousame, onde se realizaron traballos o ano pasado.

A segunda das conferencias correu a cargo de Xosé María Fernández Pazos, xornalista e historiador, cronista oficial de Ribeira, e especialista no naufraxio do Santa Isabel. Ademais de relatar aspectos xerais do tráxico suceso, aproveitou a súa presenza na Pobra para referirse a detalles relacionados con este municipio. Así, sinalou que o barco tiña dez pobrenses na súa tripulación, dos cales dous salvaron a vida: un fogonerio de 33 anos e un mariñeiro que ese día non se atopaba a bordo. Fernández Pazos tamén falou da relación de Valle-Inclán co Santa Isabel do que dixo que quixo escribir unha obra sobre o afundimento: “As mulleres de Sálvora: traxedia grega”, pero non chegou a rematala.

A terceira charla correu a cargo de Ana Isabel Boullón, natural de A Pobra e membro correspondente da Real Academia Galega, quen fixo unha detalladada presentación sobre os apelidos da Pobra e a súa orixe.

A derradeira das charlas correu a cargo da sonense, Pilar Sampedro Martínez, mestra e pedagoga quen falou sobre os escenarios literarios referidor ó municipio pobrense pasando revista os autores e ás súas obras nas que se recollen referencias o concello.

As charlas foron seguidas por un auditorio repleto de público e transmitidas por internet e poden verse no enlace:

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.