En Ribeira unha liorta entre unha nai e a filla remata cunha delas colgada do capó do coche

07 Setembro 2024

Veciños do barrio de Abesadas en Ribeira gravaron a agresión e as perigosas manobras do turismo en marcha,

RR,SS.

Tratouse dun incidente acontecido na madrugada do vernres en Ribeira, no barrio da Abesadas. Unha liorta entra nai e filla remata cunha delas colgada do capó do coche en marcha.

Os veciños captaron en video o que sucedía, alertado polos berros das mulleres. Minutos antes, unha nai e unha filla pelexaban no mesmo lugar mentres unha terceira persoa se desesperaba por separalas.

As secuencias foron gravadas polos veciños dun barrio que amosan o seu cansazo ante a repetición de conflitos coma este.

Algúns deles trataban de disuadir sen éxito a intensa discusión: “Solta a túa nai. Sodes nai e filla! dicíalles a persoa que trataba de mediar sen éxito.

Non transcenderon máis datos do que pasou despois de que o vehículo desaparecera cunha muller sobre o capó por unha rúa lindeira. Todo se difundiu pouco despois polas redes sociais. Nova TVG

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.