Este luns comezou o curso académico 2024-2025 do IV Ciclo da USC sede Ribeira.
Medio cento de alumnos e alumnas asistiron á apertura do curso no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas.
A concelleira de Educación do concello de Ribeira deulle a benvida ao alumnado, e agradeceu o forte apego polo coñecemento das persoas maiores de 50 anos que a ampla matrícula demostra. A directora do IV Ciclo, profesora doutora María Esther Olveira, ausente de xeito temporal, enviou unha mensaxe gravada na que agradeceu a implicación do Concello de Ribeira no proxecto IV Ciclo e animou o alumnado a procuraren o máximo rendemento persoal e social da súa formación académica. Foi daquela cando tomou a palabra o catedrático en Fisioloxía Víctor Arce para impartir a súa primeira aula na materia “Iniciación á bioloxía humana”.
As parroquias de Santa Uxía e a Igrexa Evanxélica retransmiten as celebracións dominicais pola redes
Como cada domingo a parroquia de Santa Uxía de Ribeira transmitirá pola canle de youtube a Misa dominical. A parroquia de Santa Uxía transmite a misa das 12.00 pola canle de youtube. A celebración Eucarística podese tamén seguir pola canle comarcal de televisión Canal...