En Outes o Concello puxo a punto os centros escolares de cara ao inicio do curso

12 Setembro 2024

O Concello de Outes fixo balance dos traballos realizados para poñer a punto os centros escolares de cara ao inicio do curso. As tarefas foron desenvolvidas pola brigada de obras municipal e, segundo informou o Concello, destináronse a “facer este regreso ás aulas máis agradábel para a rapazada, os mestres e as familias”.

Unha das liñas principais de traballo centrouse no acondicionamento e na mellora do CEIP de Outes, onde foron tirados tabiques para “abrir espazos” e facelos máis luminosos e amplos para o estudio na zona do 5º e 6º de primaria. Ademais, amañouse o falso teito e solucionáronse problemas eléctricos, cambiouse o peche e pintáronse os postes da pista polideportiva do patio. A maiores, encheuse o areeiro con area nova e habilitouse un vídeo-porteiro para as aulas de madrugadores, entre outros traballos menores que foron levados a cabo.

A brigada tamén puxo o foco na Escola Infantil Municipal, onde se aproveitou o peche para pintar as aulas. O Concello agradeceu ás traballadoras da escola infantil “a súa dispoñibilidade e colaboración” coa brigada de obras para que o pasado luns todo estivese a punto para recibir aos pequerrechos.

Ademais, nos últimos días rozouse a contorna do IES Poeta Añón e tamén a do CEIP de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.