“En Galicia tamén se morre a consecuencia da calor” – Antón Luaces

11 Setembro 2024

O día 22 de setembro comezará o outono, feito que fai cavilar en que xa quedan poucos días para que pasen as calores que nos afectaron nos tres últimos meses. Por diante, outros nove meses para tomar medidas conducentes a minorar os efectos das altas temperaturas que, tamén na comunidade galega, se fan sentir con mortes polos efectos da calor: 707 falecidos este ano, segundo os datos que baralla a Fundación  para a Investigación do Clima (FIC). Son estes datos baseados no mapa interactivo da propia Fundación que atinxen ao  verán meteorolóxico deste ano en Galicia, meses de xuño, xullo e agosto.

A de Pontevedra é a provincia con maior número de vítimas pola calor: 262, das que 207 son atribuídas á exposición á calor moderada e 55 á calor extrema, mortes que, en total, representan aproximadamente o 2,4% do total de mortes producidas este ano na devandita provincia.

No caso da Coruña, as cifras son semellantes: 224 falecidos, dos que 36 son debidos a episodios de calor extrema (1% do total).

A provincia de Ourense, considerada como a que rexistra as máis altas temperaturas, contabiliza un total de 114 mortes debidas á calor e malia ser unha provincia de poboación moi inferior ás de Pontevedra e A Coruña.  35 destas mortes son atribuídas á calor extrema, culpable do 3,2% delas.

A provincia de Lugo rexistra 107 mortes asociadas á exposición á calor, das que 20 son atribuidas a episodios de calor extrema.

O informe da FIC recolle que Galicia experimenta un ascenso no número de mortes pola calor deste ano. Malia ser así, non é, ata hoxe, o 2024 o ano máis caloroso (aínda que a tendencia é ascendente): a importancia do número de mortos pola calor en 2024 non supera a temperatura rexistrada en 2022, que se caracterizou por unha onda de calor que causou en Galicia máis de 500 falecidos. Foi 2022, o ano máis cálido que experimentamos os galegos dende a década dos 80 do século pasado, con 23 días de calor extrema en Pontevedra.

As persoas maiores son as máis sensibles a estes episodios de calor, e os colectivos vulnerables e con pouco poder adquisitivo os máis afectados polas ondas de calor.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.