A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública.
A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban sobre a posible venda de substancias estupefacientes por parte do detido. Tras varias semanas de seguimento, os axentes confirmaron a veracidade da información e lograron interceptar ao sospeitoso mentres realizaba unha transacción de cocaína na rúa.
Durante o arresto, a Garda Civil incautou 8 dose de cocaína correspondentes á venda, así como outras 2 doses que o detido levaba consigo. Ademais, se lle requisaron 490 euros en moedas fraccionadas e 40 paquetes de tabaco sen precintas fiscais. O detido xa foi posto ao dispor xudicial.




