Corte completo da Autovia do Barbaza entre Palmeira e Ribeira por obras este luns e martes

28 Setembro 2024
  • Estas tarefas se desenvolverán das 8 ás 17.30 horas dos días 30 de setembro e 1 de outubro, desviándose o tráfico pola AC 550 e a AC 305
    Nun primeiro momento actuarase no carril con sentido cara a Ribeira e posteriormente no carril con sentido cara a Padrón

A Xunta continuará esta vindeira semana progresando nos traballo de renovación do firme na autovía do Barbanza, para o que se fará necesario o corte completo do tramo da A-G11, comprendido entre os enlaces de Palmeira e Ribeira, desviándose o tráfico pola AC 550 e a AC 305.
Estas tarefas, que teñen como obxectivo garantir a conservación da autovía e a seguridade viaria, se desenvolverán durante este luns, día 30 de setembro, e o martes, 1 de outubro, entre as 8 e as 17.30 horas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Trátase de actuar no tramo final da autovía, cuxa configuración corresponde a unha estrada convencional dun carril por sentido. Neste punto a calzada presenta dous carrís de 3,5 metros e beiravías de 1,5 metros.
Nun primeiro momento actuarase no carril con sentido cara a Ribeira e posteriormente no carril con sentido cara a Padrón.
Na programación destes traballos inclúense os percorridos alternativos habilitados para minimizar a afección ao trafico, en función do sentido da circulación dos usuarios da autovía.
Os desvíos estarán debidamente sinalizados.
No caso da circulación dos vehículos en sentido Ribeira, o tráfico sairá da autovía no enlace de Palmeira e incorporarase á AC 305 ata o centro de Ribeira, onde tomará a estrada AC 550 ata a rotonda de Xarás.
En sentido Padrón, desde a rotonda de Xarás tomarase a AC-550 ata chegar ao cruzamento coa AC- 305, circulando por esta estrada ata o enlace de Palmeira.

Ag-11

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.