Corrubedo estrea dúas pistas de tenis

17 Setembro 2024

O concello de Ribeira conta xa con dúas novas pistas deportivas para a práctica do tenis. Trátase das dúas pistas estreadas no lugar de Saamil, na parroquia de Corrubedo, onde as seareiras e seareiros deste deporte xa poden xogar e gozar das novas instalacións, impulsadas polo Concello, que explicou que a zona deportiva existente no lugar de Saamil presentaba un estado deteriorado e contaba con dúas pistas deportivas, unha destinada a actividades como balonmán, baloncesto e fútbol sala e outra destinada á práctica de fútbol, ademais dunha caseta utilizada como vestiario.

“Para que esta zona puidera seguir sendo utilizada con normalidade e atendendo ás demandas veciñais, proxectouse unha mellora integral, ampliación e a modernización do devandito espazo, construíndo dúas novas pistas de tenis con base dun pavimento continuo de formigón poroso, de 12 cm de espesor, incluíndo subbase de pedra de 15 cm de espesor”, explicaron fontes do Concello, engadindo que o pintado das pistas foi executado coas cores definidas pola dirección facultativa e á marcaxe das linas de xogo, segundo normativa da federación.

O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022 cun orzamento de 102.181,12 € e adxudicado á empresa Tarrio y Suárez S.L.

O rexedor Pérez Barral comentou que” grazas a esta actuación gáñanse espazos de lecer e continúase coa mellora dos servizos básicos das parroquias como os parques infantís e as pistas deportivas”.

Segundo indicou neste caso en particular “atendeuse á unha petición moi demandada pola veciñanza afeccionada ao tenis” sinalou o rexedor.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.