“Corrixir por convición ou comenencia?. Antón Luaces

03 Setembro 2024

España conta xa coa primeira muller que preside o Consello Xeral do Poder Xudicial e o Tribunal Supremo do país. Trátase de Isabel Perelló Domenech, quen fai unha década xa criticaba como maxistrada o sexismo na cúpula xudicial.

Moi achegada á ministra de Defensa, Margarita Robles, a nova presidenta do CXPX asinara unha carta contra Carlos Lesmes, anterior presidente do mesmo Consello, a quen acusou de empregar linguaxe sexista para se dirixir aos seus compañeiros só polo xénero masculino.

Non era, certamente, o de Isabel Perelló un nome que se barallara nas quinielas para presidir o CXPX. Pero o conto trocou nas derradeiras horas do día de onte, luns, cando o pleno fracasou no seu cuarto intento de decidir un presidente. O perfil moderado de Isabel Perelló fixo que, ainda que proposta polo PSOE, os conservadores abrisen por fin a man e se puxera de vez remate á irregularidade dun poder xudicial actuando co incumprimento manifesto da Constitución española ao estar caducado o seu mandado após máis de cinco anos con este rematado. 

Este martes, o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial designou coma primeira presidenta do Tribunal Supremo e o órgano de goberno dos xuìces, á maxistrada proposta Isabel Perelló Domenech, coruñesa nacida de nacemento e que fixo os seus estudios universitariosna USC, foi amais xuiza no xulgado de Carballo. O resultado final da elección non deixa dúbidas.

16 votos a prol de Perelló, que competía para o cargo coa tamén progresista Ana Ferrer, maxistrada da Sala do Penal do Alto Tribunal.

Isabel Perelló é membro da Sala do Contencioso-Administrativo dese Alto Tribunal citado e da asociación progresista Xuízas e Xuíces para a Democracia, converténdose

na primeira muller que preside o Poder Xudicial en España. Perelló é Maxistrada do Supremo dende o ano 2009. Para que esta decisión acadara un remate semellante foron necesarias varias votacións fallidas e unha intensa negociación interna no seo do órgano de goberno dos xuíces. Isabel Perelló foi elixida como a candidata de consenso entre os sectores progresistas e conservadores do novo CXPX. Esta é a primeira vez que os vogais teñen liberdade para designar ao seu máximo representante fronte do poder político, o que lle outorga maior autoridade á maxistrada que deberá acadar os votos de tres cuartas partes do consello para levar a cabo preto dun cento de nomeamentos da cúpula xudicial.

Os vogais designados a proposta do PSOE foron marcando o camiño para que unha muller do espectro de esquerdas presidira o Consello, e por parte do PP, os conselleiros designados non se opuxeron a que unha muller dirixira o órgano sempre que representara a todos e tivera un perfil neutral.

Fontes xudiciais coidan que se trata dunha presidencia de consenso e que ambas as partes cederon á hora de desentullar unha situación que ía conducir ao abismo a este novo Consello.

Máis de cinco anos dempois de se producir, o órgano de goberno dos xuíces atopou unha saída válida. Non foi sen tempo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...