Comezan en Outes os traballos para acondicionar cinco puntos da rede viaria con fondos da Deputación

13 Setembro 2024

O Concello de Outes iniciou o curso con obras de acondicionamento na rede viaria dirixida a mellorar a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade, tanto dos condutores como dos viandantes. En concreto, vaise traballar esta tempada nos seguintes puntos do concello: na rúa do Conchido-Tras do Pavillón (Serra de Outes); na estrada da Piscina Municipal e do paseo fluvial (A Serra); no camiño de Vista Alegre á avenida de Fisterra (Serra de Outes); no acceso á Escola Infantil no Cruceiro de Roo (Roo) e no acceso a Rates polo Cabalo (San Cosme de Outeiro). O Concello explicou que o orzamento total destas actuacións ascende a 56.728 € financiados co POS+2022A e con fondos propios. Durante a execución das obras produciranse cortes de tráfico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.