Comeza a campaña de outono de Proxecto Ríos (ADEGA)

09 Setembro 2024

O próximo 15 de setembro comeza oficialmente a campaña de outono do Proxecto Ríos, programa de ciencia cidadá e voluntariado ambiental de ADEGA que conta cunha traxectoria de case de 20 anos e cuxo obxecto é unir persoas e ríos e procurar o coñecemento e conservación das masas de auga continentais do país, amais de convocar xeiras colectiva de limpeza e recuperación de cursos fluviais (Móllate polos ríos). Na campaña de outono, Proxecto Ríos desenvolve unha manchea de accións, como son as saídas formativas de treitos de río, cursos para voluntariado e para persoal das administracións, roteiros divulgativos, a limpeza simultánea de ducias de ríos de todo o país ou campos de voluntariado para a eliminación de especies invasoras. Polo Barbanza, o Proxecto Ríos conta cun amplo voluntariado en Rianxo, onde a veciñanza desenvolve xornadas de limpeza no río Te. Temos toda a información deste proxecto na web habilitada por ADEGA.

Inspeccións de outono e cursos de formación

A participación no Proxecto Ríos baséase na inspección de treitos de río por parte de grupos de voluntariado que aplican unha sinxela metodoloxía de estudo dos valores naturais nos ecosistemas fluviais, para concluír cal é o seu estado de saúde e calidade ecolóxica. Estas inspeccións realízanse en primavera e outono. Ao longo dos próximos días os grupos participantes recibirán os reactivos para realizar as inspeccións de outono.

No Proxecto Ríos pode participar calquera persoa con ganas de coñecer e conservar o seu río, e pódense formar grupos familiares, con amizades… Tamén se pode participar dende unha asociaciación de calquera tipoloxía e centros de ensino. Neste último caso, o máis recomendable é a partir do terceiro ciclo de primaria. Os centros de ensino tamén poden participar a través do Plan Proxecta.

Durante este período realizaranse, ademais, múltiples actividades co fin de formar e achegar a metodoloxía a novas persoas voluntarias, como son os cursos de formación. As xornadas de formación xa programadas terán lugar:

-O sábado, 28 de setembro no Concello de Soutomaior, demarcación Galicia Sur.

-O sábado, 5 de outubro na Demarcación da Mariña lucense.

-O sábado, 19 de outubro no Concello de Cerdedo-Cotobade, demarcación Galicia Sur.

Móllate polos ríos tamén en 2024!

Igualmente, desenvolveranse outras actividades de carácter máis lúdico, como os roteiros e tamén a xa tradicional limpeza simultánea de ríos Móllate polos ríos, cuxa XVII edición terá lugar o domingo, 29 de setembro.

ADEGA xa está programando as saídas formativas cos grupos de voluntariado. Calquera persoa pode solicitar xa unha saída co seu grupo a través do contacto coa coordinación do proxecto: proxectoriosgaliza@gmail.com.

Proxecto Ríos reforza o seu apoio institucional

Logo de que o ano pasado Augas de Galicia dese por finalizado o convenio con ADEGA para o desenvolvemento das actividades de Proxecto Ríos tras case 20 anos de colaboración, ADEGA conseguiu acadar novos apoios institucionais para o proxecto. Durante este 2024, Proxecto Ríos conta co apoio da Deputación provincial da Coruña e está en vía de renovar a colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño- Sil (CHMS).

Alén disto, ADEGA foi beneficiaria da convocatoria de axudas feita por Augas de Galicia para o desenvolvemento dun programa que divulgue os valores naturais dos ecosistemas fluviais nas zonas Sur e da Mariña da bacía hidrográfica Galicia-Costa.

Desde ADEGA queremos expresar o noso fondo agradecemento a todos os centos de persoas e colectivos que contribuíron co seu apoio á campaña Eu quero Proxecto Ríos a acadar unha maior implicación das institucións públicas co programa de custodia fluvial de ríos máis implantado e con maior traxectoria do país.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.