Chega Aitor, a primeira borrasca que traerá este mércores a Galicia chuvia intensa e vento forte

24 Setembro 2024

Aitor, a primeira borrasca de impacto do outono, deixará nas próximas horas importante choiva, fortes refachos de vento e temporal marítimo, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía.

A Aemet activou a alerta laranxa na Coruña e Pontevedra, onde está previsto que se acumulen arredor de 80 litros de chuvia por metro cadrado en doce horas. Tamén choverá con intensidade no resto das provincias galegas, onde se prevén niveis de 50 litros por metro cadrado en doce horas de forma extensa.

Ademais, no resto da comunidade estará activa a alerta amarela por 50 litros por metro cadrado en 12 horas desde primeiras horas da tarde. Ante a forte choiva, desde a Xunta de Galicia recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas asolagadas ou que poidan chegar a estalo e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Tamén está activa a alerta amarela por temporal costeiro no noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña, na Mariña lucense e na costa de Pontevedra por vento do suroeste de ata 61 quilómetros por hora (forza 7) ao redor de Estaca de Bares e mar dentro.

No noroeste da Coruña e na Mariña lucense o aviso amarelo será tamén por vento que pode alcanzar os 90 quilómetros por hora, mentres que no oeste, interior e suroeste da Coruña, no centro e na montaña de Lugo, no noroeste e na montaña de Ourense e no interior de Pontevedra o vento pode chegar aos 80 quilómetros por hora. Prevense refachos de entre 80 e 90 quilómetros por hora.

Entre o mércores e o xoves continuará a inestabilidade con choiva forte e persistente en Galicia, Sistema Central, Asturias, noroeste de Castela e León, Cantábrico e sur do Pireneo. Nalgúns destes puntos poderían chegar a caer máis de 100 litros por metro cadrado.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.