Chega a IV Andaina Solidaria JEALSA, con saída o 29 de setembro e co obxectivo de contribuír á actividade de Stop Leucemia

18 Setembro 2024

O Centro Tecnolóxico JEALSA, en Boiro, acolleu este 18 de setembro a presentación da IV Andaina Solidaria que leva o nome da conserveira. Participaron na cita cos medios Carlos Pérez, bioinformático do Grupo de Hematoloxía Computacional e Xenómica do Instituto da Investigación de Santiago, en representación da Fundación Stop Leucemia; Marcos Fajardo, concelleiro de Deportes; Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA, e José Ramón Romero, alcalde de Boiro. Tamén participaron Manolo Gómez e Lito Triñanes, en representación das entidades colaboradoras. O evento deportivo-solidario celebrarase o 29 de setembro, con saída dende a praza de Galicia de Boiro. As inscricións da andaina, cuxa recadación irá dar a Stop Leucemia (para investigar na loita contra esta doenza poñendo o foco nos novos avances tecnolóxicos), xa están abertas e poden facerse a través de Emesports.es. O percorrido será de dez quilómetros e, segundo fixeron saber na presentación, presentarase como un percorrido accesíbel e doado de camiñar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.