“Campaña para estudar os recursos psqueiros da plataforma continental galega”. Antón Luaces

23 Setembro 2024

Unha nova campaña do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e máis o Instituto Español de Oceanografía está a se desenvolver dende a desembocadura do río Miño ata a do Bidasoa. 

Un equipo científico do citado Instituto zarpou o pasado día 23 do porto de Vigo a bordo do buque oceanográfico Miguel Oliver para realizar a devandita campaña ao longo de cinco sectores da plataforma continental de Galicia e a cornixa Cantábrica, nunha nova edición da campaña “Demersais” de 35 días de duración que rematará no porto de Santander o vindeiro 24 de outubro.

Os estudos que levan a cabo os científicos permitirán proseguir coa serie de datos recompilados sobre os índices de abundancia das principais especies pesqueiras, así como recoller información sobre os patróns de distribución espacial da fauna bentónica e demersal, a  caracterización hidrográfica e sedimentolóxica da zona e a súa influencia sobre as especies identificadas.

Esta campaña multidisciplinar combina os mostreos por arrastre de fondo para a  avaliación das especies de peixes, crustáceos e cefalópodos, coa toma de datos e mostras biolóxicas mediante dragas de sedimento para a caracterización dos fondos CTD para obter datos da columna de auga.

Amáis, van realizarse estudos de alimentación das distintas especies, censo de aves e a súa relación coas especies descartadas, recolleita de mostras biolóxicas para estudos de contaminación, marcado de quenllas e raias, e o seguemento dos arrecifes artificiais do Cantábrico, entre outros. Nesta edición está prevista a recompilación de datos de batimetría e tipo de fondo, mediante o uso da sonda multiface, procesado de novos datos xeolóxicos adquiridos e análises morfosedimentarios.

Esta edición continúa a serie histórica que se realiza dende o ano 1983 para a avaliación dos recursos pesqueiros na plataforma norte da Península Ibérica, unha investigación fundamental na UE para a correcta xestión pesqueira e medioambiental.

A campaña que se cita resposta, amàis, a diferentes compromisos adquiridos a nivel internacional para a xestión sostible dos nosos mares e forma parte do Programa Nacional de Datos Básicos do sector pesqueiro con financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Acuicultura (FEMPA).

A aposta polo coñecemento e a investigación científica  é a base para unha xestión pesqueira sostible e responsable cuxos resultados deberían ter unha aplicación con resultados factibles, que boa falta fan á distintas frotas que faenan no caladoiro Cantábrico Noroeste.

Outros artigos

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.