Baobab Teatro leva Palabras ao Centro Social de Cabo de Cruz (este venres ás 18.00 horas)

24 Setembro 2024

O Centro Social de Cabo de Cruz vai dar acollida este venres 27 de setembro á estrea no Barbanza de Palabras, función para público infantil e familiar da compañía Baobab Teatro. A cita será ás 18.00 horas.

Palabras, segundo explican dende Baobab, nace da necesidade de dar continuidade aos proxectos de investigación sobre a nosa lingua galega, Puño Puñete e Ris Nivel. Trátase dun espectáculo que, como os anteriores, faranos viaxar a través da música, os xogos, os enredos e os contos tradicionais. O espectáculo está pensado para os máis pequenos, de 1 a 8 anos. A súa duración é de 45 minutos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.