Adxudicada a renovación da maquinaria do aparcadoiro do Centenario

09 Setembro 2024

O Concello de Ribeira segue dando pasos adiante na renovación integral do aparcadoiro do Centenario para dar “o mellor servizo posíbel á veciñanza”, informaron fontes do Consistorio, engadindo que a día de hoxe o sistema ticketing e a súa maquinaria atópanse “totalmente obsoletas”, polo que é necesaria a súa renovación. O Concello tamén fixo saber que “o mantemento axeitado desta maquinaria resulta moi complexo e custoso para as arcas municipais, ao que se engade que non permite implementar funcionalidades acordes aos sistemas de abono actuais”.

Dende o Goberno local explicaron tamén que a renovación das tecnoloxías de ticketing e do sistema de xestión do mesmo apoiarase tamén dun sistema de pago mediante introdución de matrícula, sistema QR ou similares (sistema que permitirá definir un desconto de tempo ou importe).

Unidade de control

A unidade de control central xestionada polo Concello disporá do control total do sistema, sendo a unidade que xestiona e dota de todos os permisos ás unidades de control local. Dende ela levaranse a cabo todas as funcionalidades do sistema, tendo acceso en tempo real ao sistema de xestión do aparcamento e aos datos xerados polo sistema. Existirá unha base de datos que recollerá as lecturas das matrículas, foto da matrícula ou imaxe do vehículo, número de tícket ou abonado, data e hora de entrada, e, no seu caso, de saída do estacionamento.

Skidata Ibérica

A adxudicación foi para a empresa Skidata Ibérica, S.L. polo importe de 163.151,56 euros e establecerase un prazo de 2,5 meses desde o día seguinte á firma do contrato de adxudicación.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, mostrou a súa satisfacción por avanzar nesta cuestión “prioritaria” e que pretende “facilitar o estacionamento céntrico para persoas que veñan a traballar, a comprar ou simplemente que necesitan facer un recado e que teñen a necesidade de deixar o seu automóbil nun espazo céntrico e a bo prezo”. Esta actuación súmase ás outras emprendidas como é a contratación de servizo de conserxería e xestión do aparcadoiro para abrir 24 h durante os 7 días da semana e tamén a actualización de tarifas para facer que sexa “o aparcadoiro máis barato de toda a comarca”, sinalou o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.