Abre o prazo de Xuventude Crea nunha edición con máis categorías e visibilidade

11 Setembro 2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abriu, ata o 10 de outubro, o prazo para que os mozos e mozas interesados presenten a súa solicitude para participar na 15ª edición do certame Xuventude Crea. A convocatoria ofrece á mocidade, de entre 18 e 30 anos, a oportunidade de mostrar o seu talento artístico en moi diversas disciplinas funcionando como unha canle de divulgación (reforzada pola web de Xuventude Crea) e como un trampolín para dar a coñecer as súas propostas.

Este ano, a Consellería apostou por dar aos participantes na iniciativa “maiores visibilidade, promoción e oportunidades no sector”, incidindo na mellora da proxección do talento da mocidade e mantendo a finalidade de estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación.

Como novidade e grazas á colaboración con outros departamentos (Secretaría Xeral de Emigración, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ou a Axencia Galega das Industrias Culturais), este ano iniciativa ábrese á participación das persoas galegas residentes no exterior, que poderían viaxar á nosa comunidade no caso de chegar á final mediante a Estratexia Galicia Retorna. Ademais, grazas aos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego os responsábeis das obras gañadoras terán a posibilidade de ser seleccionados para un programa de formación e mentoring para poñer en marcha o seu proxecto.

“Ao abeiro desta convocatoria os mozos e mozas creadoras verán incrementadas nesta edición as súas oportunidades de dar a coñecer as propostas premiadas en eventos de referencia no sector artístico internacional”, informou a Consellería, engadindo que o prazo de presentación de solicitudes, que se fará a través da sede electrónica da Xunta, iníciase este mércores 11 de setembro e rematará o 10 de outubro.

O Xuventude Crea 2024 contará con 16 categorías, dúas máis que o ano pasado. Así incorpórase a modalidade de DJ eCreación de Contido. Ademais, dentro da especialidade de teatro créanse dúas seccións con cadanseus recoñecementos. O apartado Amador está aberto a grupos de teatro xuvenís vinculados a centros de educación secundaria, grupos amadores ou escolas municipais, entre outros. Por outra banda, o apartado Pro está destinado a compañías de nova creación, profesionais emerxentes e grupos formados por alumnado ou egresados da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Cómpre sinalar que neste último, ademais do premio económico, o Centro Dramático Galego poderá apoiar ás persoas ou compañías gañadoras impulsando o lanzamento do seu proxecto artístico.

O certame complétase coas disciplinas de artes plásticas, fotografía, moda, deseño de xoias, arte urbana, música, cociña, vídeo-creación, banda deseñada, novela curta, creación de videoxogos, poesía e danza.

Para dar a coñecer os traballos e os premiados organizaranse varias exposicións e eventos finais. Uns recoñecementos que se outorgarán oficialmente nunha gala prevista para mediados de decembro. Este ano, por cada categoría, ademais das vantaxes de promoción, os premios económicos serán de 2.000€ para o primeiro, 1.500 para o segundo e 1.000 para o terceiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.