A Xunta e o Concello do Son investirán preto de 12.000 euros na reforma e mellora do actual centro de saúde

30 Setembro 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde do Porto do Son, José Luis Oujo, asinaron un convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello para a reforma e mellora do centro de saúde do municipio. En concerto, acordaron que a Administración galega e a local co-financien esta actuación ao 50%, cunha achega de 5.759 euros por parte de Xunta e Concello. O investimento total da obra ascenderá a 11.519 euros.

Co obxectivo de optimizar a calidade asistencial que o Servizo Galego de Saúde lle presta á poboación sonense e á espera de que se materialice definitivamente o proxecto para crear un novo centro de saúde, mellorarase o ambulatorio actual acometendo a reforma da súa cuberta, a limpeza e o selado dos seus canlóns e a reparación das xanelas.

O conselleiro lembrou que desde o ano 2009 a Xunta construíu ou reformou un total de 135 centros de saúde, “o que supuxo actuar sobre máis de 85.000 metros cadrados”. A eles hai que engadir as 4 actuacións que están actualmente case finalizadas ou en marcha: o CIS Lalín e comarca de Deza, no Porriño, en Moaña e o CIS Olimpia Valencia en Vigo. Engadiu Antonio Gómpez que “no seu conxunto a Administración autonómica investiu, nestes 15 anos, máis de 158 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...