A xira de Galicia Sabe aMar recala este venres en Outes

20 Setembro 2024

Este venres día 20 de setembro, unha das foodtrucks da campaña itinerante Galicia Sabe aMar, impulsada pola Xunta para reivindicar as vantaxes de consumir peixes e mariscos dos nosos barcos (vantaxes gastronómicas, saudábeis, económicas e sustentábeis) estará xunto ao CEIP de Outes en horario de 12:00 a 17:00 horas. Quen o desexe pode achegarse a degustar algún dos petiscos preparados a base de produtos do mar e da terra.

A xira inclúe unha foodtruck dende onde a Consellería do Mar enxalza os produtos das rías galegas e pon o foco nos beneficios dos nosos peixes e mariscos para acadar unha dieta saudábel e equilibrada.

A campaña tamén é un xeito apoiar á xente do mar, incentivando o consumo do peixe e marisco.

Galicia sabe aMar é é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

En cada parada da xira os visitantes poden degustar algún dos moitos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Outros artigos

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.