A travesía dos Pozos en Corrubedo xa dispón de pavimentación e pluviais

16 Setembro 2024

O Concello de Ribeira, na súa liña de traballo de mellorar os servizos básicos nas parroquias, informou do remate dos traballos para dotar de recollida de augas pluviais e de pavimentado a travesía dos Pozos, na vila de Corrubedo. O alcalde Luís Pérez Barral supervisou este luns 16 de setembro os traballos e informou que “esta estrada da parroquia de Corrubedo presentaba un firme de terra e dispoñía unicamente de rede de
saneamento”. Engadiu que a actuación realizada consistiu na instalación dunha nova liña de auga pluvial para que, ademais de recoller as augas superficiais da propia travesía dos Pozos, evacúe as augas que se poidan acumular na rúa Bos Aires, “evitando así asolagamentos”.

Respecto do pavimento, dixo que foi estendido a todo o ancho da vía unha capa de aglomerado en quente de 6 cm de espesor.

O rexedor avanzou que “non será a última obra que se realice na zona de Corrubedo para evitar o asolagamento de determinadas zonas cando haxa abundantes choivas e está previsto que nas próximas semanas sexa posíbel facer outra na propia avenida de Bos Aires”.

Este investimento inclúese no Plan Provincial de Cooperación ás obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2023 cun investimento de 31.890,51 € e adxudicado á empresa Tamara Fernández.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...