Este xoves teremos nubes baixas durante a mañá que irán desaparecendo deixando ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente superando os 30 graos. Os ventos soprarán moderados do nordés no litoral atlántico, frouxos no resto.

O noso mar: Vento do norte, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



