Viamare Stock volve ao porto de Ribeira o 9 de agosto con 23 establecementos achegando os seus mellores descontos

09 Agosto 2024

Volve este verán de 2024 a feira ribeirense de oportunidades Viamare Stock, e faino con todos os recursos que garantiron o importante éxito das anteriores edicións, segundo confirmou na presentación do evento (este martes 30 de xullo pola mañá) a entidade organización do mesmo: a Asociación de Empresarios de Ribeira que preside Francisco Martínez Gude. Novamente o máis relevante desta feira serán os grandes descontos dos comercios que participan, un total de 23.

A XIX edición de Viamare Stock desenvolverase unha vez máis nunha carpa habilitada na explanada do porto de Ribeira (o malecón) e contará coa presenza de 23 establecementos locais achegando as súas mellores ofertas e promocións, cada un deles co seu espazo individual personalizado (jaimas). Celebrarase do 9 ao 11 de agosto en horario ininterrompido de 11 a 22 horas (venres e domingo) e de 10 a 22 horas (sábado). Contará unha vez máis co apoio do Concello de Ribeira.

Na presentación de Viamare Stock, celebrada no local dos empresarios, participaron Francisco Martínez Gude, o alcalde Luís Pérez Barral e o concelleiro de Cultura Francisco Suárez-Puerta. O presidente da patronal ribeirense explicou que a feira mantén nesta nova edición os seus sinais de identidade as súas fórmulas de éxito probado (por exemplo a disposición dos stands dos establecementos) e agradeceu o apoio do Concello, que, segundo explicou, “é vital para as actividades que organizamos e que repercuten en todos os sectores e en todos os ámbitos locais”. O rexedor sinalou que Viamare Stock é “unha gran ocasión para dinamizar o comercio, atraer visitantes, achegar descontos e impulsar a economía local”. Engadiu que a Asociación de Empresarios “pode e poderá seguir contando con nós, xa que o comercio de proximidade é o que máis vida nos dá no concello”.

A convocatoria XIX de Viamare Stock será inaugurada oficialmente ás 13.00 horas do primeiro día de actividades.

Contará coa presenza dos seguintes comercios:

Complementos: Gena´s e Xade.

Deportes: Deportes Estévez, Champion Sport, Náutica A Poutada de Podium Sport.

Zapataría: Chinela e Chaira.

Zapataría infantil: Joscar.

Óptica: Federópticos Filgueira e Martínez.

Moda: El Tocador de Mujer 21, Rule´s, Ribalá Multimarca, La Urbana Store, Lolita Moda e Mmagoe.

Moda infantil: Lunares en Mayo, Rovi, El Palacio del Bebé, Lolita Kids, Lápices de Colores e Trastiños.

Lencería: Vensuca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.