Unha persoa perdeu a vida na praia de Morosa en Carnota

04 Agosto 2024

Os servizos de emerxencia nada puideron facer pola súa vida.

O primeiro aviso chegou arredor das 13:30 horas, logo de que un particular chamase ao 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria para unha persoa inconsciente na praia de Morosa, a carón da boca do río. O alertador indicou que atoparon á persoa flotando na auga e que o sacaran a terra.

Sen agardar, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil da Coruña, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carnota.

O persoal sanitario desprazado ata o lugar, e que tivo que asistir a outra persoa na mesma praia, só puido confirmar o falecemento da persoa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.