Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron requiridos ás 07:11 horas deste domingo por un accidente de tráfico na aldea Airavedra, na parroquia de Nebra, no concello de Porto do Son.
En concreto produciuse unha saída de vía dun turismo no punto quilométrico 83 na AC-550, chocando contra unha vallas metálicas de protección. Como resultado do choque, unha persoa resulta ferida leve e foi trasladada ó Hospital do Barbanza.
No operativo tamén participaron o 061 e o GES e a Garda Civil de Noia.




