“Unha noite na eira de María Pita”. Antón Luaces

18 Agosto 2024

 Foi necesaria a xuntanza dos versos de curros Enríquez e a música de Castro “Chané” para que Galicia enteira cantara posteriormente cos Tamara de Pucho Boedo “Unha noite na eira do trigo”, cantiga que moito teño escoitado na voz marabillosa de miña nai (e outras moitas que en Galicia e fóra dela cantaron a un “ingrato galán” quen non foi máis ca “un probe e infeliz amador” polo que a súa amada,feita un puro lamento, “nas alas do vento”, repetía, “vou morrer e non ven o meu ben”.

Os chíos de gaivotas que sobrevoaban a praza, recurtando no gris das nubes o seu propio gris-chumbo, marcaban o contrapunto do que a Sinfónica de Galicia e o seu Coro interpretaban no escenario situado á esquerda da heroína que, coa lanza na man dereita, desafía aínda hoxe a unha negra historia de asaltos, roubos e mortes.   

A deste sábado foi, na coruñesa praza de María Pita convertida nunha eira na que mallamos sentimentos, unha noite que xa no serán foi de orballo para, posteriormente ser noite de sospiros.

Ateigada de xente da cidade e moita outra vida de distintos lugares ao chamado do concello da Coruña para escoitarmos á Orquesta Sinfónica de Galicia, os primeiros aplausos  recibiron -como é tradicional- ao concertino e, a continuación, ao director da magnífica orquestra, Roberto González-Monjas.

A sempre  recoñecida Sinfonía número 9 de Beethoven, agardada con grande espectación polo numeroso público congregado, abriu algo máis o ceo choviñento

e  algúns paraugas. Orballo e instrumentos acompañaron ao Freude, Freude, Freude schöner Götterfunken dos solistas vocais e a irrupción dun coro maxistral que xirou con forza absoluta para facer que os convocados á música comezaramos a sentir o valor máis que recoñecido dese luxo para Galicia e os galegos que é dispor dunha formación musical do calibre da Sinfónica coruñesa.

Unha noite inesquecible cuxa resonancia foi “in crescendo” coas pezas de agasallo: “Toreador”, de “Carmen”, de Bizet; esa ledicia feita para escoitar recollidos que é a “Negra sombra” -que inmensidade de pinceladas galegas!- e o “Rock do Deportivo”, que fixo que a información de que o equipo coruñés perdera minutos antes o seu partido, doese, pero menos.

Que luxo, donas e cabaleiros, correr o pano das tradicioinais Festas de María Pita cun concerto como o que o sábado ofreceron a Sinfónica da Coruña e o seu Coro.

Pura groria.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.