“Unha anduriña voou en París”. Antón Luaces

03 Agosto 2024

É unha anduriña galega que voa alto e que, este domingo, pode -debe- proclamarse raíña de todas as anduriñas que no mundo hai. 

Chamase Ana Peleteiro, e o venres, nos Xogos de París, trocou o seu voar tradicional por un brinco excepcional,ao primeiro intento, de nada menos que 14,36 metros. Esta marca váille permitir á ribeirense afrontar a proba sabatina coa seguridade que outorga saber que o venres saltou un centímetro máis do que estaba estipulado para as probas de triplo salto de hoxe no Stade de France.

Ana Peleteiro, m medallista de bronce en Tokio, vaui desta vez con reforzo: o que lle outorga ser nai. 

O voo de 14,36 metros é unha inxección de adrenalina, un “chute” de reafirmamento na convición de que o saltado o venres pode ser superado o sábado. Toda Ribeira, España enteira, estará ao tanto do que aconteza ás 20,20 horas do sábado. Ela, Ana Peleteiro, quere un salto correcto, e os que a seguimos, desexamos que sexa, a máis, un salto gañador. Porque, dixo en Paría, acude aos xogos “para ser campioa olímpica”. Dúas cubanas, unha norte-americana, unha xamaicana e unha ucraína son as compañeiras a bater. Poderá facelo, seguro. Peleteiro voa. E navega nna súa realidade cotiá.

Imos, Ana. Voamos contigo dende o pico da Curota por unha presea feita para tí.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.