“Un amigo para encher baleiros” – Antón Luaces

12 Agosto 2024

Teño diante min un canciño pequecho, branco e con manchas castañas, inquedo en grao sumo, ladrador e compañeiro doado. Non é meu, máis gozo del como se o fose. Pasa ao meu carón cada poucos minutos, ládrame nunha especie de xogo, bota unha  carreiriña dun can e retorna onda min para, ao cabo de tres ou catro minutos, saír coma unha frecha cabo doutros  cans que xogan á  beira da fonte do coruñés parque de Oza autorizado oficialmente polo concello como lugar de entretemento canino.

Cada día que paseo por este fermoso parque atopo un mínimo de doce cans ceibos que xogan e se ladran mutuamente nunha especie de desafío permanente por comprobar quen ladra máis forte, quen corre e salta máis, quen “fala” máis cos seus amos ou simples paseantes (que é o meu caso).

Dende o primeiro día chámolle “Amigo”. E resposta, o moi entendido: acode brincando, chega ao meu carón, lámbeme as mans, está atento a se os meus ollos fitan os seus e, feitas as comprobacións que supoño son pertinentes, reanuda os xogos cos seus.

Esta mañá prestei máis atención aos acompañantes dos cans: algúns mozos e mozas (poucos) e a maioría, xente de idade (supostos xubilados). Un destes (85 anos ben levados) é o propietario de “Amigo”. Quérense, ben se ve. O canciño goza có amo, e o amo non vive sen el. Respéctanse.

  • Non sei vivir sen “Manchas”, díxome. 
  • Eu chámolle “Amigo” e compréndeme.
  • É moi intelixente e, efectivamente, un grande amigo. Se me apura,  diría que me coida máis ca algún familiar.
  • Créollo, respostei.

Cun ceo moi anubrado, xa no mediodía, fieéime máis na xente que camiñaba na compaña dos seus amigos, os cans. E non sei por que, din en cavilar en que esa maioría de paseantes de cans amigos evidenciaban un moito de soidade. É posible que un can substitúa a un fillo, un neto, após o pasamento da súa parella?. 

Conclúo que, en moitos casos, un amigo can evita a residencia para anciáns. Porque o certo é que  na idade que nós, os xubilados, temos, non resulta doado para os fillos facérense cargo de seus pais, como antes acontecía. E hoxe comprometes demasiado a vida dos fillos e a súa familia se pasas a formar parte da “súa” estrutura familiar, polo que o que acontece a cotío é que ou mercas un canciño ou te deixas levar a unha residencia porque, afirman moitas voces, só non podes estar na casa. E vende esta para ter un remanente económico dabondo co que facer fronte aos gastos que a estadía nesa residencia vai xerar.

De regreso a casa, agradecín que na mesma houbera alguén que agardara por min. Tamén cavilei que non nos viría mal un “Amigo”, un canciño que ampliara o ámbito familiar. 

Nunca valorara tanto un amigo de catro patiñas, que ladra e move o rabiño cando  está ao teu carón. 

Miña avoa Maripepa finou na casa da súa única filla cando ía cara aos cen anos. Nunca tivo un can que lle ladrara nin camiñara á súa veira. Eran outros tempos.

Outros artigos

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...

+

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

Comeza un novo curso escolar, nos diferentes campus universitarios. En Galicia, este ano, as matrículas universitarias serán gratuítas. Tamén xa o eran para os estudantes que obtiñan unha bolsa de estudos, principalmente procedentes de familias humildes, de acordo cos...

+

“Japón”. Alberto Barciela

Ya ha pasado el tiempo suficiente para confirmar que Japón es uno de mis destinos favoritos, por eso volvería en cualquier momento. El país sin alma, no inmortal, entiéndase, es un decorado perfecto en algunos instantes, en ciertos lugares, en su propio caos...

+

“Fornicar per se, no es amar” – Manuel Domínguez

¡Estúpidos, estúpidas! Ni conocéis el idioma que habláis, ti tenéis idea de lo que es el amor. Ella le pregunta a él, y cuantas veces en la noche eres capaz de hacerlo, el responde 4 otro dirá 6, para quedar como un buen varón. Sera una noche de fornicio, mas no de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ciudades educadas” – José Antonio Constenla

“Ciudades educadas” – José Antonio Constenla

La plataforma Preply, dedicada al aprendizaje de idiomas, ha elaborado un estudio para determinar qué ciudad de España es la más maleducada o la más educada. Para ello ha preguntado a más de 1567 residentes de 19 territorios de todo el país sobre si hablan alto en...

“Árbores caídas”. Xulio Xiz

“Árbores caídas”. Xulio Xiz

Se o refraneiro afirma que da árbore caída calquera fai leña, é lóxico atopar paralelismo entre a vella árbore que a morte ronda coa do ser humano que despois dunha madurez triunfante afronta o ocaso en soidade, e entre os depredadores da madeira e os...